Ir o contido principal

Ciberseguridade sen tecnicismos: guía práctica para protexer a túa empresa

Ciberseguridad sin tecnicismos

Entender a ciberseguridade sen tecnicismos é imprescindible se dirixes unha peme ou xestionas un equipo e buscas protexer os datos do teu negocio sen complicacións innecesarias.

Se xestionas unha empresa ou estás á fronte dun equipo, é probable que xa te fixes algunha vez esta pregunta: 

“Estamos protexidos fronte aos ciberataques?” 

E se nunca cho plantexaches… en evelb queremos achegar os nosos coñecementos para asesorarte ante unha das grandes preocupacións das empresas en temas de seguridade de datos. 

Vivimos nunha época onde os datos, os correos, as reunións, os arquivos e as sinaturas electrónicas móvense dentro e fóra da oficina, desde dispositivos persoais e redes domésticas. O traballo híbrido trouxo flexibilidade, si, pero tamén novos riscos dixitais que moitas empresas aínda non están abordando.

Claves de ciberseguridade sen tecnicismos para protexer o teu negocio

Que está pasando realmente coa ciberseguridade?

Segundo un informe recente de Capgemini, o 97 % de las empresas sufriu fendas de seguridade relacionadas co uso de IA xenerativa, e o 44 % considera este tipo de ferramentas o seu principal risco emerxente. 

Na práctica isto significa que moitos empregados están usando ferramentas de intelixencia artificial como ChatGPT, Gemini ou Copilot sen saber que información están compartindo, nin que implicacións ten iso para a privacidade da empresa. 

A isto súmanse outros riscos silenciosos como son os accesos non autorizados desde redes persoais, contrasinais compartidos ou pouco seguros, o uso de dispositivos sen protección nin cifrado e a xeración de arquivos sensibles enviados sen control, entre outros.

“Eu non teño tempo para isto”… sabémolo.

Moitos equipos no abordan a ciberseguridade porque cren que é algo técnico, complexo e caro. E, en parte teñen razón: non todo o mundo ten por que saber de firewalls, VPN ou cifrado post-cuántico. 

Pero tamén é certo que un pequeno investimento agora pode evitarte un problema enorme mañá.

Que podo facer para protexer os meus datos e os meus dispositivos?

Non é necesario montar un departamento de ciberseguridade nin asumir un gasto desorbitado para estar protexido. O importante é empezar polo básico e adaptalo á realidade de cada empresa. Aquí che deixamos 5 accións que podes aplicar incluso se non tes un perfil técnico especializado en ciberseguridade:

  • Revisa os accesos remotos: asegúrate de que se accede aos teus sistemas só desde redes e dispositivos controlados.

  • Activa a verificación en dous pasos (MFA): especialmente nos correos corporativos, ferramentas de facturación ou almacenamento na nube.

  • Protexe todos os dispositivos: non só o servidor, tamén os portátiles e móbiles do equipo.

  • Ofrece formación básica ao teu persoal: contrasinais seguros, detección de correos falsos, boas prácticas na nube.

  • Fai unha auditoría externa: rápida, accesible e útil para saber onde están os teus puntos débiles.

Lembra: o erro humano segue sendo a orixe de máis do 90% dos ciberataques. Por iso, a prevención e a formación valen máis que calquera antivirus.

Aínda non sabes se isto vai contigo?

É totalmente normal. Ninguén che esixe que saibas de ciberseguridade. Pero o que si podes facer é rodearte dun equipo que cho explique claro e che axude a protexer o teu negocio sen complicarche a vida. 

En evelb Técnicas y Sistemas axudamos a pemes, consultorías, despachos e empresas de todo tipo a:

  • Detectar as súas vulnerabilidades dixitais.

  • Aplicar solucións sinxelas e accesibles.

  • Formar os seus equipos con contidos claros e prácticos.

  • Estar tranquilas, sabendo que os seus datos están protexidos.

📩 Axudámoste? En evelb Técnicas y Sistemas, axudámoste a identificar riscos reais e aplicar medidas prácticas de ciberseguridade adaptadas á túa organización. Fala connosco e empeza a protexer o que máis importa.

Engadir un novo comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Texto sen formato

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
  • Web page addresses and email addresses turn into links automatically.