Ir o contido principal

Instagram dá un xiro: así cambia a súa presenza nos buscadores

Instagram da un giro

Cambios na visibilidade en liña a partir do 10 de xullo: todo o que debes saber sobre o impacto de instagram buscadores e a nova indexación de contido en Google e outros motores de busca.

¿Que está a ocorrer exactamente con instagram e os buscadores?

Meta (empresa matriz de Instagram) iniciou un proceso para permitir que os perfís públicos de Instagram sexan indexados por Google e outros motores de busca. Isto inclúe: o nome de usuario (@usuario), o nome completo do perfil, a biografía e as publicacións públicas cos seus textos e hashtags. Isto forma parte dunha estratexia máis ampla para mellorar la visibilidade do contido de Instagram fóra da plataforma.

¿A quen afecta este cambio?

Este cambio afecta directamente a calquera conta pública de Instagram. Isto é especialmente relevante, por unha banda, para empresas e marcas que usan Instagram como canle de márketing, creadores de contido e influencers que queren mellorar o seu posicionamento SEO persoal e, por outra, para usuarios con perfís abertos que quizais non desexan que o seu contido apareza en Google. Se a túa conta é pública, as túas publicacións poderían comezar a amosarse nos resultados de busca de Google aínda que non teñas unha web asociada.

¿Como lograr que as túas publicacións de Instagram se indexen en Google?

Para aproveitar este cambio e aumentar a visibilidade do teu contido en Internet, segue estes pasos:

  1. Asegúrate de que a túa conta é pública: vai a Configuración → Privacidade e desactiva a opción de conta privada.

  2. Optimiza a túa biografía: usa palabras clave relacionadas co teu nicho ou sector.

  3. Usa hashtags relevantes: Google tamén rastrexa estes elementos para contextualizar o contido.

  4. Publica contido orixinal e de valor: evita contido duplicado ou xenérico.

  5. Inclúe ligazóns ao teu perfil desde outras plataformas: cantas máis ligazóns externas apunten ao teu perfil, mellor autoridade SEO gañará.

  6. Crea unha web ou landing asociada ao teu perfil de Instagram: isto reforza o posicionamento de ambas as dúas plataformas.

E se non queres que o teu contido de Instagram se indexe?

Se prefires que a túa información no apareza nos motores de busca, podes protexer a túa privacidade dixital con estes pasos:

  1. Fai a túa conta privada: en Configuración → Privacidade, activa a opción de “Conta privada”.

  2. Non ligues o teu perfil desde outras webs: isto evita que Google detecte a túa conta como unha fonte relevante.

  3. Elimina publicacións que non desexes que se indexen: aínda que Google xa as rastrexase, eliminalas pode reducir a súa exposición co tempo.

  4. Contacta con Meta se desexas realizar algunha solicitude concreta de eliminación de contido indexado.

Que impacto terá isto no futuro do SEO en instagram buscadores?

Esta integración de Instagram cos motores de busca é un paso significativo na evolución do SEO. O contido social comeza a mesturarse co contido web tradicional, o que obriga a marcas e creadores a pensar en estratexias SEO máis integrais. Quenes saiban optimizar os seus perfís e publicacións terán unha vantaxe competitiva clara en canto a visibilidade dixital.

En resumo, Instagram súmase ao xogo do SEO. E tanto se queres aproveitar esta nova xanela de visibilidade como se desexas manter a túa privacidade, agora é o momento de revisar a túa estratexia dixital.

¿A túa conta de Instagram está preparada para ser atopada en Google? 

¿Queres que adaptemos a túa estratexia de redes ao novo SEO social? En evelb Técnicas y Sistemas, axudámoste a optimizar a túa presenza dixital para que esteas un paso por diante. Contáctanos e fagamos que o teu contido fale por ti.

Engadir un novo comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Texto sen formato

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
  • Web page addresses and email addresses turn into links automatically.