Información en cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal
En Europa e en España existen normas de protección de datos pensadas para protexer a súa información persoal de obrigado cumprimento para a nosa entidade. Por iso, é moi importante para nós que entenda perfectamente que imos facer cos datos persoais que lle pedimos. Así, seremos transparentes e darémoslle o control dos seus datos, cunha linguaxe sinxela e opcións claras que lle permitirán decidir que faremos coa súa información persoal. Por favor, se unha vez lida a presente información lle queda algunha dúbida, non dubide en preguntarnos. Moitas grazas pola súa colaboración.
Quen somos?
- A nosa denominación: evelb TECNICAS Y SISTEMAS SL
- CIF / NIF: B70240320
- Actividade principal: 62- Programación Consultoría y otras actividades relacionadas con la informática.
- O noso enderezo: RUA DAS HEDRAS 6 – LOFT 0 – MILLADOIRO, 15895 – AMES (Coruña (A))
- Teléfono de contacto: 981535831
- O noso enderezo electrónico: hr@evelb.es
- A nosa páxina web: http://www.evelb.es
Estamos á súa disposición, non dubide en contactar con nós.
Para qué usamos os seus datos?
Con carácter xeral, os seus datos persoais serán usados para podermos relacionarnos con vostede e podermos prestarlle os nosos servizos.
Os datos persoais que nos facilite a través dos formularios de demanda de emprego, así como os incluídos no seu currículo, unicamente serán utilizados para que vostede participe nos distintos procesos de selección que organicemos.
Así mesmo, tamén poden ser usados para outras actividades, como enviarlle publicidade ou promocionar as nosas actividades.
Por qué precisamos usar os seus datos?
Os seus datos persoais son necesarios para podermos relacionarnos con vostede e podermos prestarlle os nosos servizos. Neste sentido, poremos á súa disposición unha serie de recadros que lle permitirán decidir de maneira clara e sinxela sobre o uso da súa información persoal.
Quen vai coñecer a información que lle pedimos?
Con carácter xeral, só o persoal da nosa entidade que estea debidamente autorizado poderá ter coñecemento da información que lle pedimos.
Do mesmo xeito, poderán ter coñecemento da súa información persoal aquelas entidades que necesiten ter acceso á mesma para que poidamos prestarlle os nosos servizos. Así, por exemplo, o noso banco coñecerá os seus datos se o pagamento dos nosos servizos se realiza mediante tarxeta ou transferencia bancaria.
Así mesmo, terán coñecemento da súa información aquelas entidades públicas ou privadas ás cales esteamos obrigados a facilitar os seus datos persoais por mor do cumprimento dalgunha lei. Pondo un exemplo, a Lei Tributaria obríganos a facilitar á Axencia Tributaria determinada información sobre operacións económicas que superen unha cantidade determinada.
No caso de que, á marxe dos supostos comentados, necesitemos dar a coñecer a súa información persoal a outras entidades, solicitarémoslle previamente o seu permiso a través de opcións claras que lle permitirán decidir a este respecto.
Como imos protexer os seus datos?
Protexeremos os seus datos con medidas de seguridade eficaces en función dos riscos que leve consigo o uso da súa información.
Para iso, a nosa entidade aprobou unha Política de Protección de Datos e realízanse controis e auditorías anuais para verificar que os seus datos persoais están seguros en todo momento.
Enviaremos os seus datos a outros países?
No mundo hai países que son seguros para os seus datos e outros que non o son tanto. Así, por exemplo, a Unión Europea é unha contorna segura para os seus datos. A nosa política é non enviar a súa información persoal a ningún país que non sexa seguro desde o punto de vista da protección dos seus datos.
No caso de que, por mor de prestarlle o servizo, sexa imprescindible enviar os seus datos a un país que non sexa tan seguro como España, sempre lle solicitaremos previamente o seu permiso e aplicaremos medidas de seguridade eficaces que reduzan os riscos do envío da súa información persoal a outro país.
Durante canto tempo imos conservar os seus datos?
Conservaremos os seus datos durante a nosa relación e mentres nos obriguen as leis. Unha vez finalizados os prazos legais aplicables, procederemos a eliminalos de forma segura e respectuosa co medio ambiente.
Os seus datos persoais facilitados para a presentación da solicitude de emprego ou candidatura ao proceso de selección de persoal conservaranse durante o prazo dun ano contado desde a súa presentación. Unha vez finalizado o devandito prazo, procederemos a eliminalos de forma segura.
Cales son os seus dereitos de protección de datos?
En calquera momento pode dirixirse a nós para saber que información temos sobre vostede, rectificala se fose incorrecta e eliminala unha vez finalizada a nosa relación, no caso de que iso sexa legalmente posible.
Tamén ten dereito a solicitar o traspaso da súa información a outra entidade. Este dereito chámase “portabilidade” e pode ser útil en determinadas situacións.
Para solicitar algún destes dereitos, deberá realizar unha solicitude escrita á nosa dirección, xunto cunha fotocopia do seu DNI, para podermos identificalo.
Nas oficinas da nosa entidade dispoñemos de formularios específicos para solicitar os devanditos dereitos e ofrecémoslle a nosa axuda para a súa cumprimentación.
Para saber máis sobre os seus dereitos de protección de datos, pode consultar a páxina web da Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).
Pode retirar o seu consentimento se cambia de opinión nun momento posterior?
Vostede pode retirar o seu consentimento se cambia de opinión sobre o uso dos seus datos en calquera momento.
Así, por exemplo, se vostede no seu día estivo interesado/a en recibir publicidade dos nosos produtos ou servizos, pero xa non desexa recibir máis publicidade, pode facérnolo constar a través do formulario de oposición ao tratamento dispoñible nas oficinas da nosa entidade.
En caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos, onde pode formular unha reclamación?
En caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos pola nosa entidade, pode formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos, a través dalgún dos medios seguintes:
- Sede electrónica: www.agpd.es
- Dirección postal: Agencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6, 28001-Madrid
- Vía telefónica: Tel. 901 100 099 / Tel. 91 266 35 17
Formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos non conleva ningún custo e non é necesaria a asistencia de avogado nin procurador.
Elaboraremos perfís sobre vostede?
A nosa política é non elaborar perfís sobre os usuarios dos nosos servizos.
Non obstante, poden existir situacións nas que, con fins de prestación do servizo, comerciais ou doutro tipo, necesitemos elaborar perfís de información sobre vostede. Un exemplo podería ser a utilización do seu historial de compras ou servizos para podermos ofrecerlle produtos ou servizos adaptados aos seus gustos ou necesidades.
En tal caso, aplicaremos medidas de seguridade eficaces que protexan a súa información en todo momento de persoas non autorizadas que pretendan utilizala no seu propio beneficio.
Usaremos os seus datos para outros fins?
A nosa política é non usar os seus datos para outras finalidades distintas das que lle explicamos. Se, non obstante, necesitásemos usar os seus datos para actividades distintas, sempre lle solicitaremos previamente o seu permiso a través de opcións claras que lle permitirán decidir ao respecto.